Saltar ao contido

AK/DK

Brighton, Reino Unido

Sintetizadores distorsionados, pedais caseiros, bucles ou pitidos espaciais entre golpes de baquetas: dous baterías rodeados de electrónica. Este dúo de electro-disco-noise-punk encabezou o ano pasado varias listas como mellor directo en festivais, e é que os seus concertos son unha inxección de adrenalina, unha treboada creativa entre o xa escrito e a improvisación, unha aventura sónica apegadiza para que bailes. O de AK/DK é para vivilo.

ak-dk