Ladrillo y Mujer

Ourense / A Coruña

Son catro, cadaquén coa súa personalidade, o que resulta nunha mestura de cancións de extremos, entre ritmos frenéticos e bailables, letras misteriosas e reminiscencias noventeiras. Toda unha explosión musical que combina synth punk, voces pop, arranques metaleiros, tecladiños e rock combativo. LADRILLO Y MUJER traen un directo que trascende ao repertorio, unha experiencia escura e poderosa. Como adoitan facer, van desatar unha tolería.

Ladrillo y Mujer