LINCE

Guimarães, Portugal

A aventura de Sofia Ribeiro como LINCE comezou en 2016, espertando a curiosidade dentro e fóra de Portugal. Emocións e sensacións, diálogos e monólogos, bases sonoras entre a inercia e o movemento, uns temas bailadeiros e outros de carácter contemplativo…
Músicas de atmosfera propia onde a electrónica conflúe con mestría coa sensibilidade e a emotividade que as palabras e a voz de Sofia lle infunden. Prepárate para unha viaxe sideral.

Lince