Mourn

El Maresme, Barcelona

Todo comezou en 2013, sendo Carla e Jazz adolescentes. Coñecéronse na escola e a súa afición polo indie rock dos 90 levounas a facer música xuntas, lanzando en 2014 o seu debut. Logo de outros dous traballos e unha xira que as levou polos Estados Unidos, Canadá, Europa e Xapón, MOURN veñen presentando o seu cuarto álbum, “Mixtape” (Subterfuge, 2019), onde renden homenaxe á música coa que medraron. Soarán grupos que marcaron as nosas vidas.

Mourn