Whales

Leiria, Portugal

Co seu debut en 2016 como banda de indie rock conquistaron en pouco tempo un oco destacado entre os grandes talentos portugueses. Co traballo máis recente, homónimo de 2018, deixaron os riffs de guitarra para arrodearse de sintetizadores, hipnotizarnos entre atmosferas vocais e levarnos a un mergullo oceánico. Veñen de percorrer Europa cunha sonoridade que oscila entre a introspectiva e os ritmos frenéticos.
Garantido que con WHALES imos bailar.

Whales