Yana Zafiro

Ucrania / Murcia

Con só 21 anos crea hits como se tal cousa, froito dunha creatividade que non entende de fronteiras nin de etiquetas. Fai o que lle da a gana: mistura castelán e inglés, pasea da electrónica ao pop de dormitorio, e aínda ten tempo para estar conectada coa escena de fanzines e a arte da súa cidade. YANA ZAFIRO trae letras cheas de enxeño, retranca, loucura, e desenvoltura a esgalla para se converter xa mesmo na túa nova artista favorita.

Yana Zafiro