Saltar ao contido
que-e-musgo

MUSGO é unha iniciativa xordida en Ourense en 2019, ao abeiro do programa “O teu Xacobeo”, impulsado pola Xunta de Galicia, contando tamén coa colaboración de SON Estrella Galicia, e a Deputación de Ourense.

MUSGO serve para dinamizar as rutas de peregrinación que percorren a nosa provincia cara Santiago, e para visibilizar que o Camiño desde Ourense, tamén é bo Camiño.

A música é a escusa para poñer en valor a Ourense dentro da Galicia Xacobea, buscando destacar o atractivo da capital termal como lugar de partida para unha peregrinaxe a Compostela, curta e de outono, a través da riqueza paisaxística, patrimonial e cultural dos camiños que transcorren polo noso territorio.

Con Musgo SON Estrella Galicia, Ourense acolle un intercambio de experiencias propio das rutas a Santiago, para o disfrute de veciñanza, peregrinos e visitantes, unha xornada de convivencia no espazo público, para todas as idades e con moita música.

MUSGO toma o nome da vexetación máis recoñecida na pedra no tempo de outono. Pero funciona tamén como un acrónimo, combinando a raíz MUS-, de música, co G de Galicia e o O de Ourense, e facéndose ademais comprensible a nivel internacional, como MUSIC and GO, revelando tanto o seu carácter musical como o tránsito do propio Camiño.

Desde 2022, levamos tamén no nome a SON Estrella Galicia, o noso partner nesta iniciativa. 

MUSGO é un proxecto de iniciativa privada impulsado por promotores de Ourense. Somos xente de aquí. Vivimos e traballamos en Ourense e por Ourense, e nos apartados técnico, loxístico, na comunicación, as tarefas de administración ou o deseño de MUSGO, estamos tamén arrodeados dun equipo conformado ao 100% por profesionais desta provincia, sobradamente experimentado na organización deste tipo de eventos, ben propios, ou ben traballando en outras iniciativas, de natureza tanto pública como privada.

Xacobeo 2022

peregrino

O CAMIÑO EN OURENSE

A tranquilidade e a ausencia de masificación, e o rico e importante patrimonio natural e cultural da provincia de Ourense suman valor ao trazado do Camiño desde aquí, e razóns de ser para que MUSGO se estableza na capital como adianto do ano 2021, para conectar o Xacobeo e Ourense, a peregrinaxe e a cultura ourensá, a música e o Camiño.