Baiuca
Catoira, Pontevedra
Cun pé nos ritmos, a instrumentación e a sonoridade da nosa música tradicional, e o outro na música electrónica de vangarda, BAIUCA conecta a Galicia de antonte coa de pasado mañá. Co seu debut situouse nun lugar destacado entre as propostas máis vangardistas do circuíto, e continúa hoxe a construír modernidade, investigando libre, sumando culturas, e coqueteando con novos ritmos e estructuras pop adictivas e inmediatas. Soa a revolución.